Animación de rúa: A tropa do Doutor Milagre

ACTUALIZACIÓN: cambio de localización por previsión meteorolóxica adversa

| Domingo 26 de setembro. 2021
| Ás 12:00 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios Carpa do Roxy » ver mapa
| Aforo limitado

A tropa do Doutor Milagre. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Un Espectáculo da Compañía Inventi Teatro. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.

Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaido? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…

Próximamente a vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre.

Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venda ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exhuberante Madame Bobarí.

Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

“A tropa do doutor milagre” é toda unha metáfora do que eran hai moitos anos os titiriteiros ambulantes, cargados de labia e de cachivaches inservibles. Unha visión da vida a través da escena. Espectáculo na rúa. Puro teatro.

O vehículo é quizáis o máis novidoso da representación. É o fío condutor. Lévano dun lugar a outro nun guindastre, pero agardan trasladarse pronto nel. A súa ilusión pode cos atrancos.



A Tropa do Doutor Milagre - Inventi Teatro

A Tropa do Doutor Milagre


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png