Animación de rúa: Cé Home Orquestra

| Sábado 2 de marzo. 2019
| Ás 11:30 h.
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Cé Orquestra Fantasma

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais.

Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si coma A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

Desde comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha vida musical.



Cé Orquestra Fantasma


Cabecera-web-ecultura.png