Animación de rúa: Velocíclopes

| Luns 27 de setembro. 2021
| Ás 12:00 h.
| Rúas da vila

Animación de rúa: Velocíclopes. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Un Espectáculo da Compañía Fantoches Baj. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Velocíclopes está constituído por cabezudos motorizados de aparencia ambigua (poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles…). As múltiples posibilidades que ofrece a motorización dos cabezudos, manipulados por personaxes clownescas, fai que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público.

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, “O propietario”, “Ser ou non ser” e “Os bos modais”, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente…).

Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interés se centra no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas mais contemporáneas do teatro de obxectos como no seu último espectáculo, O Asombro (2010), pasando por unha interrelación con outras linguaxes escénicas, co teatro de actor no espectáculo para adultos A Saia da Carolina (2008), co clown en Rei, rei?(2008), cos xigantes e cabezudos enZampón o Lambón (2009), coa maxia en Sinda, Linda, Catrina, Simón e o demo Cobillón (2009) e co teatro de rúa en Velocíclopes (2010).

Partindo da idea de que o teatro de títeres é un poderoso instrumento de contar historias Fantoches Baj non renuncia a ningunha tematica ou forma literaria, pero os seus gustos van sobre todo polas literaturas tradicionais e os discursos poéticos.

O seu director, inacio, gañou en dúas ocasións o premio Barriga Verde de Textos Teatrais nas dúas modalidades de infantil e de adultos cos textos Auga que non vas beber e Fábula Galénica.


Animación de rúa: Velocíclopes. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño

Animación de rúa: Velocíclopes. Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png