Apertura da sala de estudo do Porriño

Sala estudo Porriño

O día 9 xuño, a Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira abre as portas da primeira sala de estudo do concello, situada nas instalacións do centro cívico na rúa Domingo Bueno 13.

Este novo espazo vén complementar á biblioteca municipal, coñecida polo seu labor e sentido de pertenza tanto de porriñesas e porriñeses, como da contorna.

Esta separación de espazos con funcións diferenciadas, dará solucións, tanto ás persoas que buscan un lugar para estudar comodamente e en silencio, e a biblioteca municipal recupera o seu espazo para implementar os servizos bibliotecarios a todas as persoas que queiran gozar do fondo bibliográfico, facendo deste goce un agradábel convite.

En definitiva, preténdese converter a biblioteca nun lugar polivalente que non exclúa ningunha posibilidade, sendo máis atractiva, e con diversidade nos espazos.

Esta nova experiencia abrirá as súas portas de 8:30 a 14:30 h. de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria polo COVID-19.



>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png