| Sábado 29 de maio. 2021
| Ás 20:00 h.
| Centro Cultural San Xurxo de Mosende
Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.
A narración oral é unha ferramenta de aprendizaxe que nos permite reflexionar sobre a historia e o noso comportamento, tanto individual como colectivo. Os contos permítennos habitar lugares diversos e amplían a percepción da realidade que nos rodea, poñendo en valor a importancia da tradición e da cultura popular. Os contos son un xeito creativo de achegarnos ao mundo e permítennos medrar dun xeito libre.
Arrieira é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral e a música en directo. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar a través do conto tradicional e noutras ocasións esbozan co seu camiñar novos vieiros, historias propias.
Camiño: Espazo trazado e disposto para poder ir dun lugar a outro
Neste espectáculo téntase por de manifesto a importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan.
Arrieira
Ninguén coñecía os camiños mellor que os arrieiros, homes na súa maioría.
Nunha ocasión oíuse falar dunha arrieira, coñecedora dos camiños e as súas xentes. No seu percorrido atopara historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e coma un tesouro fora gardando todos aqueles saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: “Regáloche unha cantiga se me contas un conto”.
Non se sabe si aquilo era certo, que se daba de xeito natural, que non precisaba pedilo. Os contos saen sós, só hai que saber escoitalos. Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros. Ela, ademais de recollelos contábaos, pero facía ben tempo que collera por costume facer uso das licenzas poéticas, por iso ás veces lle daba a volta ás historias que lle contaran, contándoas ao seu xeito, pero que sería de nós sen eses outros vieiros?
Xarope Tulú
Xarope Tulú é unha compañía comprometida coas linguaxes escénicas dirixidas á infancia e á mocidade, que con- vida a viaxar por mundos singulares. Fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano, as súas propostas intentan achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: a narración oral, o teatro de obxectos, a interpretación actoral e a música. Ademais as súas montaxes intentan non aferrarse a un único estilo interpretativo; facilitando o descubrimento doutros mundos posibles e a creación dun es- pazo para a reflexión.
Na actualidade a compañía conta con espectáculos de diversos formatos en cartel como Rilla-Rilla, Nómades ou O Cardume entre outros.