| 30 de setembro. 2016
| Ás 18:00 h.
| Praza de Antonio Palacios » ver mapa
VII Carreira Urbana Festas do Cristo 2016
O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a VII Carreira Urbana “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 30 de setembro de 2016. O horario de comenzo das probas será as 18:00 h.
Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo Porriño, coa supervisión dun xuíz árbitro.
A inscrición é totalmente gratuita. Para a Carreira Popular e a Carreira Elite, pódense anotar atletas via online ata o día 28 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño. Para as categorias menores, non é preciso anotarse, e basta con que estean na liña de saída no momento de comezo das probas.
Consultar o regulamento da proba » ligazón externa
Máis información sobre o Club Atletismo Porriño, na súa páxina web » ligazón externa