Autocine: curtas finalistas do Festival de Cans 2021

| Sábado 18 de setembro. 2021
| Ás 23:00 h.
Aparcamento Velódromo Municipal. Estrada Atios-Pontellas » ver mapa
| Prazas limitadas con inscrición previa

Autocine: curtas finalistas do Festival de Cans 2021

Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.


Unha colaboración do Concello do Porriño co Festival de Cans, para poder gozar en formato autocine das curtas gañadoras.

O Festival de Cans, aumentará aínda máis as súas proxecións coa exhibición este sábado 18 de setembro das curtas gañadoras nun formato autocine. Este sistema permite que os espectadores poidan ver as súas películas desde os seus propios vehículos e poidan manter en todo momento a distancia de seguridade e as medidas de hixiene. A Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño organiza esta actividade.


Inscrición

A inscrición realízase enviando un correo electrónico, desde o 9 ao 16 de setembro, á dirección: inscricionscultura@oporrino.org . Indicando no correo o nome e apelidos de cada asistente, número de teléfono e matrícula do vehículo no que se asista ao evento.


Cartel Festas do Cristo 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png