Ciclo de Teatro e Monicreques “Quérote moito”: “Baila Roque, Baila”

| Venres 11 de xaneiro. 2019
| Ás 18:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Recomendado para nenas e nenos de 0 a 6 anos
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Ciclo de Teatro de monicreques "Quérote moito": "Baila Roque, baila"

Un espectáculo de monicreques e contos da compañía Baobab Teatro.

É un espectáculo de teatro, contos e  monicreques, onde Roque e Andrea son os protagonistas dunha aventura para os máis cativos, onde os contos e os monicreques están presentes. É  moi divertido, participativo e dinámico.
É un éxito asegurado para os mais cativos e para os non tan cativos que queiran pasar un rato agradable.


Baobab Teatro é unha compañía pontevedresa que aposta polo teatro infantil de calidade. Óscar Ferreira conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. Andrea Bayer dirixiu e interpretou espectáculos como Golulá (Premio ao mellor espectáculo infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Ribadavia, mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008). Con “O lobo e a lúa” acadou o XI Barriga Verde para textos teatrais para monicreques na categoría de infantil. A compañía volveu acadar o Premio ao Mellor Espectáculo Infantil en Ciudad Rodrigo no 2015, con Luppo, que non parou de xirar polas programacións escolares e familiares máis importantes da Península.



Ciclo de Teatro de monicreques "Quérote moito": "Baila Roque, baila"

Ciclo de Teatro de monicreques "Quérote moito": "Baila Roque, baila"


Cabecera-web-ecultura.png