Balonmán Feminino División de Honra

| Venres 25 de setembro. 2026
| Ás 20:00 h
| Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Balonmán Feminino División de Honra

O Porriño acolle un encontro de balonmán feminino entre o Conservas Orbe Zendal e a Selección Portuguesa

O balonmán feminino será un dos protagonistas da programación das Festas do Cristo 2026 cun atractivo encontro que enfrontará ao Conservas Orbe Zendal Club Balonmán Porriño coa Selección Portuguesa de Balonmán Feminino.

O partido disputarase o venres 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño, reunindo na pista ao conxunto porriñés e ao combinado nacional portugués.

A cita ofrece unha excelente oportunidade para gozar do balonmán feminino de alto nivel e para acompañar ao equipo local nun encontro especial, enmarcado na programación festiva do municipio.



Balonmán Feminino División de Honra