| Sábado 18 de setembro. 2021
| De 18:00 a 20:00 h.
| Prazo de inscrición: do 1 de abril ao 31 de agosto. 2021
| Praza do Cristo » ver mapa
O concurso “Improvisdado” busca potenciar a expresión artística mediante a creación de espazos que faciliten novas formas de intervención creativa baseadas no debuxo e a pintura, querendo romper cos estándares e “normas non escritas” da arte, na procura da expresión persoal sen cancelas do/a artista.
A finalidade principal desta iniciativa é ofrecer un espazo creativo onde pasalo ben, amosar e apoiar o traballo dos/as artistas, favorecendo as relacións e conexións contraculturais das persoas mediante a participación activa na rúa.
Resultados Improvisdado 2021
- 1º Lugar: Makinoteka (Madrid)
- 2º Lugar: Sedo (Vigo)
- 3º Lugar: Dusem (Ourense)
- Finalistas: Tremze (Francia), Tamara Baz (A Guarda), BTO (Madrid)
Quen pode participar?
A presente convocatoria vai dirixida a debuxantes e muralistas con idades comprendidas ente os 16 e os 45 anos, de nacionalidade española ou estranxeira que desenvolvan de xeito profesional ou amateur algunha das seguintes disciplinas artísticas relacionadas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, muralismo, banda deseñada, debuxo técnico ou outros estilos de debuxo de man alzada.
A participación será en formato individual e establécese unha única categoría de competición, polo que non existirán seccións diferenciadas por idade, sexo ou nivel artístico.
Cando e onde?
O certame IMPROVISDADO desenvólvese en 2 fases, a primeira fase online (fase de inscrición e presentación de debuxos) e a segunda fase presencial (competición presencial entre os/as 6 artistas finalistas.
O prazo de presentación de solicitudes e dos debuxos (fase online) será do 15 de marzo ao 31 de agosto de 2021.
A fase final (presencial) na que participarán os/as 6 finalistas terá lugar no Parque do Cristo do Porriño en horario de tarde, o sábado 18 de setembro de 2021.
Como funciona?
O certame contempla 2 fases:
- NA PRIMEIRA FASE (online) cada participante presentará (a través do formulario de inscrición dispoñible nesta páxina) 1 ou 2 debuxos de temática libre xunto cunha breve descrición do seu perfil ou estilo artístico. Os debuxos presentados estarán realizados en monocromo (branco e negro) e gardarán relación coa estética do “sketch” (bosquexo).
- NA SEGUNDA FASE (presencial) participarán os/as 6 debuxantes finalistas da primeira fase que competirán entre eles/as nun espazo decorado con diferentes soportes ríxidos de cor branco (nesta edición 2021 o espazo a intervir recreará un “taller mecánico”), onde realizarán a súa intervención artística de temática libre (non é preciso desenvolver a mesma obra presentada na primeira fase).
Os/as participantes terán 90 minutos para realizar a súa obra con liberdade para utilizar o utensilio de pintura que desexen (rotulador, esprai, pincel/brocha/rodillo), pero a técnica reducirase a man alzada, dispoñendo só de pintura de cor negra e branca.
O soporte sobre o que intervirá cada participante virá determinado por sorteo, mediante o lanzamento dun dado xigante que conterá en cada un dos seus laterais a imaxe do soporte que se vai pintar (paredes / obxectos / mobiliario). O lado do dado que cae cara arriba será o que terá que intervir o/a artista. Non estará permitido intercambiar o soporte a pintar con outros/as participantes.
O xurado presentaralle aos artistas participantes ata 4 probas ou retos diferentes durante o transcurso do concurso. Estas probas non serán obrigatorias pero sumarán puntos.
Non estará permitido o uso de plantillas, stickers, selos, compás, proxectores nin outras ferramentas diferentes ás enumeradas anteriormente. Para a realización das obras pictóricas, a entidade organizadora facilitará o soporte, a pintura e os utensilios necesarios, sendo estes o único material admitido.
O concurso estará dirixido por un presentador (speaker) encargado de convocar aos participantes, comunicar o desenvolvemento da competición en todo momento, e dinamizar o concurso.
Ademais, DJ Santi estará aos pratos e Tai Beatbox ao micro.
Cal é o xurado?
O xurado estará integrado por 3 profesionais independientes relacionados co mundo do debuxo e 1 persoa da entidade organizadora:
O xurado seleccionará de entre todos os traballos presentados durante o proceso de inscrición a 6 finalistas que participarán na segunda fase presencial do certame, que terá lugar o sábado 18 de setembro de 2021 en horario de tarde no Parque do Cristo do Concello do Porriño.
Nesta segunda fase o xurado dictará un primeiro, segundo e trecer posto.
Cales son os criterios de valoración?
Na primeira fase do concurso o xurado valorará as obras presentadas seguindo principalmente os criterios de Orixinalidade e a Calidade do debuxo en sí mesmo e escollerá a 6 artistas para que compitan de xeito presencial na fase final do concurso.
Na segunda fase do concurso o xurado valorará a:
- Orixinalidade e Calidade do debuxo presentado.
- Dificultade que supón a realización da obra coa ferramenta utilizada en relación ao soporte intervido artísticamente.
- Capacidade de Improvisación dos debuxantes.
- Adecuación da obra aos retos presentados polo xurado.
- Cumprimento do regulamento da competición.
Non se valorará máis a utilización dunha ou outra técnica en sí mesmo.
Descalificarase aos participantes que non sigan as normas de convivencia do concurso, que pinten fora do espazo outorgado, que afecten gravemente á obra doutro participante ou que realicen obras que expresen motivos violentos, discriminatorios, machistas ou que atenten contra a liberdade das persoas. Os/as participantes deberán presentarse á convocatoria o día e hora indicados sendo a súa ausencia ou atraso temén un motivo de descalificación. O incumprimento das bases pode implicar a descalificación do concurso, a criterio da organización.
O xurado será flexible na interpretación das obras e terá en conta a liberdade de expresión do/a artista, pero dentro dos límites que como profesionais do debuxo estimen oportuno.
Hai premios?
O/a autor/a da peza que acade o primeiro posto, será premiado/a cun trofeo orixinal e unha dotación económica de 350€, o segundo premio estará dotado de 200€ e o terceiro premio dotado de 100€, sendo estas cantidades premios únicos e indivisibles.
O concurso tamén contemplará a posibilidade de aportar premios especiais en especias, para os concursantes que con independencia da clasificación obtida no concurso, demostren un talento ou habilidade que destaque sobre o resto (orixinalidade, rapidez, adecuación da obra ao soporte, estratexia…).
Farase entrega aos 6 finalistas dun diploma ou certificado de participación que indicará a súa clasificación no concurso.
Como me inscribo no certame?
A inscrición para o certame “IMPROVISDADO” é de balde e formalizarase cumplimentando o formulario de inscrición dispoñible na páxina web: www.vellaescola.com/improvisdado adxuntando tamén a documentación ou imaxes requiridas nas presentes bases (ver apartado “Documentación Requirida”).
A participación será en formato individual e nunha única categoría absoluta.
Os debuxos presentaranse por vía electrónica en formato .jpg ou .pdf cunha resolución igual ou superior a 1200 px por 1200 px, enviándoos escaneados a través do formulario de inscrición, ou no seu defecto, vía correo electrónico a improvisdado@gmail.com co asunto: “INSCRICIÓN CERTAME IMPROVISDADO 2021”.
O autor/a gardará o debuxo orixinal para ser presentado na fase final en caso de que sexa requirido.
O prazo de presentación de solicitudes e dos debuxos será do 15 de marzo ao 31 de agosto de 2021.
Non se admitirán solicitudes de inscrición fora do prazo indicado. A data de inscrición considerada será a de recepción do formulario de inscrición ou correo electrónico de ser o caso.
>> Visita a web para a inscrición <<
Documentación requerida
A inscrición indicará os datos persoais do/a participante e da obra presentada e a documentación anexa correspondente para cada caso:
DATOS PERSOAIS*
- Nome e apelidos do/a concursante
- Nome Artístico/AKA
- NIF do/a concursante
- Data de nacemento
- Domicilio
- Teléfono de contacto
- Correo electrónico
*Estos datos utilizaranse a únicos efectos de localizar aos gañadores/as e protexer as obras presentadas.
OBRA
- Debuxo: Admítense un máximo de 2 obras por autor/a. Os debuxos deberán ser orixinais e inéditos, realizados a man alzada, en monocromo (branco e negro), gardando a estética do sketch. Non se admitirán debuxos a cor ou en escala de grises.
Nota: O/a autor/a, polo feito de presentaren os debuxos a concurso, afirma que as obras son orixinais e da súa propiedade, e en consecuencia faise responsable respecto da súa propiedade intelectual e patrimonial por calquera acción por reivindicación, evicción, saneamento ou calquera outra reclamación que ao respecto puideran sobrevir.
- Documento anexo no que figurarán os datos da obra presentada:
- Título do debuxo
- Descrición do debuxo
- Breve presentación do/a autor/a e da súa traxectoria
- Enlace a portfolio / web do autor/a
AUTORIZACIÓN
Os/as menores de idade presentarán xunto coa documentación anterior, un modelo de autorización asinada polo representante legal para poder participar no certame. Dita autorización adxuntarase ao formulario de inscrición, o no seu defecto, enviarase directamente ao correo electrónico do certame: improvisdado@gmail.com
Resolución
O xurado resolverá calquera incidencia que puidera producirse. Esta será irrevocable.
A entidade organizadora non se fai responsable de calquera pérdida fortuita que poida producirse, nin da custodia, mantemento e conservación das obras realizadas durante a fase final.
As bases do concurso “IMPROVISDADO” estarán dispoñibles para descarga neta web (máis abaixo) ou en defecto, na páxina web do certame (www.vellaescola.com/improvisdado).
Obxectivos
- Achegar propostas culturais novidosas e de interese para a mocidade e para a sociedade.
- Xerar novos espazos para a creación artistica.
- Motivar a participación activa dos artistas en proxectos creativos que premitan visibilizar o seu talento.
- Democratizar o mundo do arte e achegalo a tódolos públicos.
- Alimentar a capacidade artístico-expresiva innata da mocidade a través da súa participación.
![OMIX](https://ecultura.net/wp-content/uploads/2020/11/OMIX-1.png)