Batucada ecopercussión. 2022

| Venres 13 maio. 2022
| Ás 10:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Batucada ecopercussión. Concello do Porriño

Organiza: Concellería de Educación e OMIX do Porriño


A OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño, levarán a cabo, nos primeiros días do mes de maio, unha serie de obradoiros, inseridos na actividade “Ecopercussión”, polos centros de educación primaria do Porriño e Aceesca.

Esta actividade ten unha segunda parte que consta da exhibición “Eco-Batucada Porriño 2022”, coas exposicións dos grupos de percusión alternativa formados por nenas e nenos de 5º ou 6º de primaria dos centros educativos que participaron nestes obradoiros.

O venres 13 de maio, desde as 10:00 horas, familiares e viandantes poderán gozar dun espectáculo de ritmos de percusión afrolatinos, interpretados unicamente con material de reciclaxe. Esta actividade, situada na praza Arquitecto Antonio Palacios, terá unha duración estimada dunha hora e media e, nela, participarán ó redor de 240 alumnas/os repartidas/os en grupos e en quendas de 5 minutos.


Centros participantes:

CEIP (Antonio Palacios, Ribeira, Xosé Fernández López, Atios e Cruz Budiño), CPR (Irmáns Quiroga e Santo Tomás) e Aceesca.



Ecopercussión. Concello do Porriño

Ecopercussión. Concello do Porriño



Cabecera-web-ecultura.png