Campamento de Entroido

| Días 12, 13 e 14 de febreiro. 2024
| En instalacións municipais
| Inscricións dende venres 2 de febreiro ás 9:00 h ata o xoves 8 ás 9:00 h

Campamento de Entroido

Organiza: Concellería de Igualdade


O vindeiro 12 de febreiro comenzará o Campamento de Entroido para os e as máis pequenas da casa; e como ben sendo costume, o mesmo desenvolverase no C.E.I.P Plurilingüe Xosé Fernández López e instalacións municipais.

O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do centro escolar no horario, de 8:30 a 14:00 horas.

Os rapaces e rapazas deberán levar roupa cómoda: calzado cómodo e outro de reposto para poder utilizar ,no seu caso, as pistas do pavillón , unha mochila co calzado de reposto, unha merenda e auga.

No caso de precisar algunha vestimenta diferente , serán as monitores e monitores as persoas encargadas de comunicalo.

Recordade as únicas persoas autorizadas a entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Entroido serán as que instaron a solicitude . En caso de ser outra persoa a encargada, ésta, deberá ser maior de idade e levar xunto ós monitores e monitoras a autorización correspondente, asinada con copia dos D.N.I ou N.I.E da persoa autorizante e autorizada.

Podes consultar a listaxe de admitidos/as na seguinte ligazón: Admitidos/as


A concellería de Igualdade, que dirixe Carolina González, aposta un ano máis por facilitarlle ás familias un recurso que lles permita conciliar a vida familiar e laboral. Tal e como explicou a edil con este campamento “non só se facilita a conciliación, tamén se ofrece aos rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos (ambos inclusive) un lugar onde compartir as súas inquedanzas, experiencias e habilidades ao tempo que se fomentan entre eles valores de respecto, solidariedade, igualdade, a importancia da capacidade de escoita e de xestionar situacións de conflicto.

Esta actividade de conciliación desenvolverase os días 12, 13 e 14 de febreiro en instalacións municipais.

As inscricións poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Porriño en horario de 9 h a 14 h de luns a venres.

O prazo abrirase o venres 2 de febreiro ás 9 horas e rematará o xoves 8 ás 9 h de igual mes.

O aforo está limitado a 50 participantes que se seleccionarán, previa baremación e por orden de inscrición. Xunto coa publicación de admitidos e admitidas achegarase nota con información sobre o lugar exacto de entrega e recollida dos rapaces e rapazas así coma outros datos de interese.

Esta actividade forma parte do programa “Conciliación, corresponsabilidade doméstica e de impulso para acceder ao mercado laboral”, cofinanciado con procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.


Botón descarga documento de inscrición


Campamento de Entroido


Cabecera-web-ecultura.png