Campamento dixital para nenos e nenas de 9 a 13 anos

| 1ª quenda: días 3, 4 e 5 de marzo, de 9:00 a 14:00 h
| 2
ª quenda: días 14, 15, 16 e 21 de abril, de 9:00 a 14:00 h
Multiusos de Torneiros » ver mapa
| Inscricións 1º quenda: por rexistro mediante instancia xeral, ata o día 17 de febreiro ás 9:00 h
| Inscricións 2º quenda: por rexistro mediante instancia xeral, ata o día 25 de marzo ás 9:00 h

Campamento dixital para nenos e nenas de 9 a 13 anos

O Concello de Porriño oferta un campamento dixital para nenos e nenas de 9 a 13 anos que terá lugar no multiusos de Torneiros os días 3, 4 e 5 de marzo (1ª quenda) e 14, 15, 16 e 21 de abril (2ª quenda), en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As inscricións para a primeira quenda poderanse realizar no rexistro do Concello ata o luns 17 de febreiro ás 9:00 horas. As inscricións para a segunda quenda poderanse realizar no rexistro do Concello dende o 21 de marzo ata o 25 de marzo, ás 9:00 h.

O obxectivo é achegar aos máis novos (nenos e nenas de 9 a 13 anos) ao mundo da tecnoloxía, a programación e as ferramentas dixitais dun xeito educativo e divertido.


Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infanci, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais garantindo así a súa inclusión dixital. Este proxecto céntrase en:

  • Garantir a inclusión dixital desde a infancia baseándose na adquisición de competencias dixitais.
  • Formar en competencias dixitais básicas a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos; e en competencias dixitais avanzadas a adolescentes de entre 14 e 17 anos.
  • Dar prioridade a aqueles nenos, nenas e adolescentes que se atopen en situación de pobreza ou exclusión social ou outras situacións de vulnerabilidade recollidas no Plan de Acción Estatal para a Implementación da Garantía Infantil Europea.



Campamento dixital para nenos e nenas de 9 a 13 anos


Cabecera-web-ecultura.png