Campamento infantil de Semana Santa

| Días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril. 2024
| De 8:30 a 14:00 h
| Inscricións dende o luns 18 de marzo ás 9:00 h, ata o venres 22 de marzo ás 9:00 h. On-line na sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello.

Campamento infantil de Semana Santa

Organizan: Concellería de Igualdade


Seguindo a liña de actuación en pro da igualdade de oportunidades e conciliación da vida persoal e laboral, a concellería de Igualdade desenvolverá un ano máis o Campamento de Semana Santa.

Este recurso está dirixido a nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos (ambos incluídos) e ten un aforo limitado a 50 participantes. Desenvolverase en instalacións municipais os días 25, 26, 27 de marzo e o 1 de abril en horario de 8:30 a 14 h.

O prazo de isncrición abrirase o luns 18 de marzo ás 9 h e rematará o venres 22 de marzo á mesma hora. Pode realizarse a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro do Concello do Porriño.

A selección dos/as participantes realizarase previa baremación segundo a data e hora de presentación da solicitude. Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Porriño.


Botón descarga documento de inscrición


Campamento infantil de Semana Santa


Cabecera-web-ecultura.png