Campaña Comercio Com-pensa

ACTUALIZACIÓN: Adiado para o martes 22 de setembro

| Mércores 23 Martes 22 de setembro (nova data). 2026
| Pola mañá
| Rúa peonil » ver mapa

Campaña Comercio Com-pensa

Organizan: ACIPOR e Xunta de Galicia | Colabora: Concello do Porriño


COM-PENSA: transformar o consumo para coidar o planeta.

Cada compra conta. COM-PENSA promove un modelo de consumo máis responsable, consciente e sostible, no que os pequenos xestos do día a día poden marcar unha gran diferenza.

Mercar no comercio local, escoller produtos de proximidade, reducir envases, utilizar bolsas reutilizables ou alongar a vida útil dos produtos son accións sinxelas que contribúen a reducir residuos e desprazamentos innecesarios, ao tempo que axudan a manter vivo o comercio de proximidade.

Consumir de maneira responsable non significa renunciar, senón escoller mellor. Apostar por hábitos máis sostibles é tamén apostar pola economía local, polo medio ambiente e polo futuro do lugar no que vivimos.
Pequenas decisións, grandes cambios. Porque transformar o consumo tamén é coidar do noso.



Campaña Comercio Com-pensaCampaña Comercio Com-pensa