Campaña itinerante “Generación D”

| 5, 6 e 8 de maio. 2023
| Día 5 de 16:00 a 19:30 h. Días 6 e 8 de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 h
| Exterior do Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa

Campaña itinerante “Generación D”

Promovido por: Goberno de España. Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia
Financiado por: Unión Europea Next Generation


O teu futuro escríbese con D!

Os  días 5, 6 y 8 de maio de 2023 o espazo itinerante “Únete a la Generación D, cada día somos máis” visitará O Porriño, situarase no pavillón de Deportes, rúa Doantes de Sangue, e queremos convidarte a participar.

Buscadores da Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestión en liña…A dixitalización fai parte do día a día. Por iso, esta experiencia ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicable a todos os ámbitos da vida cotiá.

O interior da unidade móbil está equipado coa tecnoloxía inmersiva que invita a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais.

A experiencia é completamente personalizada e axústase ás necesidades de cada usuario. Por iso, o visitante comezará enfrentándose a un test autodiagnóstico que permitirá coñecer o seu nivel de coñecemento dixital para despois superar xogos e actividades do máis variadas e de todos os niveis: desde aprender a realizar unha búsqueda óptima en internet ata fuxir das “fake news”, optimizar o uso das túas redes sociais ou xestionar a túa identidade dixital. Ademais, o autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios terán que poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr sair da sala. E para aqueles que queiran aprender da man dos formadores profesionais, nas unidades impartiranse obradoiros grupais e mesas redondas entorno á actualidade dixital.

A campaña está financiada polos fondos Europeos-Next Generation a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA).


Cartel Generacion-D



Cabecera-web-ecultura.png