Campionato de España de Maquetas F4C-F4H-F4 Iniciación

| Días 14, 15 e 16 de agosto. 2026
| Pista de aeromodelismo de Pontellas » ver mapa

Campionato de España de Maquetas F4C-F4H-F4 Iniciación

O Campionato de España de Maquetas F4C-F4H-F4 Iniciación celebrarase os días 14, 15 e 16 de agosto na pista de aeromodelismo de Pontellas.

O Porriño será escenario do Campionato de España de Maquetas de Aeromodelismo, unha cita organizada polo Club Furaventos nas súas instalacións de Quintela, en Pontellas, e unha oportunidade para ver auténticas xoias da aviación en pequena escala.

A competición comezará este venres coa recepción dos pilotos e os voos de proba nos que porán as máquinas a punto para as probas dos vindeiros días.  O sábado 15 concentrará a maior parte da actividade competitiva: a partir das primeiras horas da mañá realizaranse as avaliacións de voo e a valoración estática das aeronaves por parte dos xuíces, sendo un dos principais criterios de cara a determinar a fidelidade da maqueta con respecto ao modelo orixinal. Outro criterio importante é a achega de documentos que verifiquen as similitudes entre a maqueta e o avión; todo o que evidencie a correcta adaptación do vehículo á escala escollida significará unha maior puntuación neste apartado.

Finalmente, o domingo 16 quedarán reservadas as probas que non puidesen completarse o día anterior, ademais de voos de exhibición e despedida, estando previsto que a actividade remate ao mediodía para permitir aos pilotos conciliar as obrigas da competición cos seus viaxes de retorno.

O evento ofrece tamén a oportunidade de achegarse ao mundo do aeromodelismo, xa que durante os descansos o público poderá ver as aeronaves de preto, coñecer os pilotos e fotografarse cos aparellos.

As maquetas destacan pola súa fidelidade aos avións reais e polos seus voos lentos e precisos, acompañados polo son dos motores, deseñados para reproducir na medida do posible o comportamento dos orixinais.

Esta cita contará ademais coa participación dun representante do propio Club Furaventos, Manuel Rodríguez, natural do Porriño e máis coñecido como Ivo. O porriñés participou este pasado mes de xullo no Campionato Mundial de Maquetas celebrado en Inglaterra. No seu palmarés tamén podemos atopar un Subcampeonato a nivel nacional no ano 2025, e agora busca amplialo cunha victoria aproveitando que se está a celebrar o campionato na súa parroquia.

Desde o Concello do Porriño ponse en valor a capacidade do Club Furaventos para atraer ao municipio competicións de ámbito nacional e internacional e para seguir situando O Porriño como un referente dentro do aeromodelismo.


Programa

VENRES 14 :

  • 16:30 h: Recepción de pilotos e verificacións
  • 16:45 h: Reunión de pilotos
  • 17:00 h: Inicio voos libres
  • 20:30 h: Finalización da xornada

SÁBADO 15 :

  • 09:30 h: Recepción de pilotos e verificacións
  • 09:45 h: Reunión de pilotos
  • 10:10 h: Inicio de voos
  • 12:00 h: Finalización de voos
  • 16:30 h: Inicio de voos
  • 19:30 h: Finalización de voos

DOMINGO 16:

  • 09:30 h: Recepción de pilotos
  • 09:45 h: Reunión de pilotos
  • 10:10 h: Inicio de voos
  • 12:45 h: Finalización de voos
  • 13:15 h: Cerimonia de entrega de trofeos/premios


Campionato de España de Maquetas F4C-F4H-F4 Iniciación