Carreira de Nadal Concello do Porriño 2025

| Domingo 28 de decembro. 2025
| Ás 12:00 h
| Rúas da vila. Saída dende a praza Arquitecto Antonio Palacios
| Inscrición previa ata ás 00:00 h do 27 de decembro

Carreira de Nadal Concello do Porriño 2025

Organizan: Club Atletismo Porriño e Concello do Porriño


A Carreira de Reis Concello do Porriño disputarase o domingo 28 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 4 quilómetros (dúas voltas ao circuíto, 2+2 quilómetros) e estará aberta a todas as idades.

O comezo da carreira será ás 12:00 h, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba.

O evento conta coa particularidade de que cada corredor depositará unha unidade de productos ou alimentos para bebés (artículos de hixiene, cueiros, leite, cereais…), ou pasta tipo macarrón ou espiral, os cales serán distribuidos entre as familias do Concello con menos recursos.

Recollida de dorsais: en estancia indicada preto da saída da proba no Concello, o 28 de decembro.

A inscrición é gratuita e pode realizarse a través da ligazón do “Formulario de inscrición”, no botón que segue a este texto, ata ás 00:00 h do 27 de decembro.


Botón descarga regulamento

Botón formulario inscrición




Carreira de Nadal Concello do Porriño 2025


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png