| Domingo 29 de decembro. 2024
| Ás 11:00 h
| Rúas da vila. Saída dende a praza Arquitecto Antonio Palacios
| Inscrición previa ata ás 23:30 h do 27 de decembro. Ou presencialmente, na zona habilitada para tal, preto da saída, antes do comezo da carreira
Organizan: Club Atletismo Porriño e Concello do Porriño
A Carreira de Reis Concello do Porriño disputarase o domingo 29 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 4 quilómetros (dúas voltas ao circuíto, 2+2 quilómetros) e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 11:00 h, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba.
O evento conta coa particularidade de que cada corredor depositará unha unidade de productos ou alimentos para bebés (artículos de hixiene, cueiros, leite, cereais…), ou pasta tipo macarrón ou espiral, os cales serán distribuidos entre as familias do Concello con menos recursos.
Recollida de dorsais: en estancia indicada preto da saída da proba no Concello, o 29 de decembro.
A inscrición é gratuita e pode realizarse a través da ligazón do “Formulario de inscrición”, no botón que segue a este texto, ata ás 23:30 h do 27 de decembro. Tamén poderá realizarse presencialmente, na zona habilitada para tal, preto da saída, antes do comezo da carreira.