EVENTO CANCELADO
| Sábado 8 de xaneiro. 2022
| Ás 19:00 h
| Circuito urbano
| Inscicións ata o 3 de xaneiro
Organiza: Concellería de Deportes. Colaboran: Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e o Club Atletismo Porriño
CANCELADA A CARREIRA NOCTURNA DE REIS ANTE A IMPOSIBILIDADE DE GARANTIR A SEGURIDADE SANITARIA NO EVENTO
O Goberno Municipal acordou a suspensión da Carreira Nocturna de Reis programada para o 8 de xaneiro ante a imposibilidade de garantir na mesma a seguridade sanitaria dos/as participantes, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Abel Estévez. A decisión obtivo un respaldo unánime na xuntanza da Comisión de Seguimento da Covid-19 que presidiu o alcalde Alejandro Lorenzo.
O feito de que os atletas participantes na carreira non leven a máscara de protección mentres corren e a imposibilidade de establecer a obrigatoriedade desta medida fixo que dende a organización se valoraran fórmulas alternativas como unha contrareloxo individual. Pero desestimouse xa que desvirtuaba a propia natureza lúdico-deportiva do evento.
A primerira Carreira Nocturna de Reis Concello do Porriño disputarase o 8 de xaneiro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 10 anos (o día da proba) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola organización. A inscrición é gratuíta.
Os dorsais e chips serán entregados no Centro Polideportivo Municipal do Porriño (Rúa Doantes de Sangue, 2, 36400 O Porriño, Pontevedra ), o día 07 de xaneiro de 2022 de 08:00 a 15:00h, e o 08 de xaneiro de 17:00 a 18:15h.
Para retirar o dorsal cada participante deberá amosar o certificado de vacinación COVID ou a aportación do certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72 h. á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba.
O comezo da carreira será ás 19:00 horas, con saída desde a avenida Arquitecto Antonio Palacios, frente a I.E.S. Pino Manso. Todos as corredoras e corredores deberán estar na zona de saída 10 min. antes do comezo da proba. Realizaranse saídas de ata 300 atletas simultaneamente. Os/as atletas deberán permanecer na zona de saída coa máscara e deberan saír correndo coa máscara posta, podéndoa retirar transcorridos os suficientes metros que garantan a distancia de seguridade.
O percorrido transcorrerá por un circuíto de 3 Km: cruce Doantes de Sangue/Antonio palacios – Rúa Antonio Palacios – Fonte dos Aloques – Avenida de Galiza (dirección Vigo)- Avenida de Galiza (dirección Tui)- Rúa Domingo Bueno – Parque Infantil – Rúa Salgueira – Rúa Cruceiro – Rúa O Pinar – Rúa Doutor Paz Varela – Rúa Fernández Areal- Rúa Doantes de Sangue.
Premios
Premio Carreira Absoluta:
- Premio para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta.
- Premio para a primeira e o primeiro clasificada/o en categoría Alevín.
- Premio para a primeira e o primeiro clasificada/o en categoría Infantil.
- Premio para a primeira e o primeiro clasificada/o en categoría Cadete.
- Premio para a primeira e o primeiro clasificada/o en categoría Xuvenil.
Premio mellor disfrace:
Premio para o mellor disfrace individual. Para optar ao premio de mellor disfrace individual deberá completar a carreira. O premio para mellor disfrace, individual e de grupo, non virá determinado polo posto na carreira, será concedido por un xurado designado pola organización, e a súa decisión será inapelable.
Regulamento da Carreira Nocturna de Reis Concello do Porriño (PDF) » ver PDF