| Sábado 15 de xuño. 2024
| A partir das 9:30 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Este ano O Porriño celebra o 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios. Ademais, conmemora o centenario da inauguración do edificio do Concello, unha das súas obras máis emblemáticas.
O Concello do Porriño deseñou unha ampla programación arredor desta figura universal que foi sempre xenerosa co seu lugar de nacemento.
Celebración dos 100 anos da inauguración do edificio consistorial
- 9:30 h. I Concurso de Pintura Rápida. Pintando a Palacios. O Concello do Porriño convoca o seu I Concurso de Pintura Rápida: Pintando a Palacios, con motivo da celebración do centenario da Casa Consistorial do Concello do Porriño, obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios. [ + info ]
- 12:30 h. Concerto da Agrupación Musical do Porriño.
- 19:00 h. Entrega de premios do I Concurso de Pintura Rápida. Pintando a Palacios.
- 21:00 h. Himno Galego a cargo do grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade.
- 21:05 h. Entrega dos Premios Antonio Palacios. Un recoñecemento da vila do Porriño á excelencia e dedicación de persoas e organizacións que, co seu traballo incansable, enriquecen a nosa sociedade.
- 22:00 h. Concerto Rubén Simeó, Christian Rodríguez.
- 22:15 h. Concerto grupo de gaitas Os Coribantes de Buchabade.
- Remate: Video proxección sobre a Casa Consistorial.