Celebración do Día dos Namorados 2025

ACTUALIZACIÓN: nova data

| Venres 14 de febreiro • A partir das 18:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
| Sábado 15 de febreiro • Ás 12:00 h • Rúas da vila

Celebración do Día dos Namorados 2025

“Amor polo Porriño” ese é o lema co que o Concello do Porriño celebra o Día dos Namorados. Un programa, que abrangue o propio día 14 e tamén o 15 de febreiro, no que haberá moita música e a instalación dun fondo/escenario con elementos e decoración propia desta xornada para que todos poidan inmortalizar o momento.

O venres 14, a partir das 18:00 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios, haberá animación con DJ e habilitarase un espazo cun photocall, para que calquera que así o desexe deixe a súa pegada de “Amor polo Porriño”. Ademais realizarase tamén un sorteo de agasallos.

A música de tuna chegará o sábado, a partir das 12:00 horas polas rúas do centro urbano, cando a agrupación Tuniña Veterana Gaia deleite á veciñanza cos seus acordes.


  • Animación con Dj, fotomatón e agasallos
    Venres 14 de febreiro • A partir das 18:00 h • Praza Arquitecto Antonio Palacios
  • Pasarrúas: Tuniña Veterana Gaia
    Sábado 15 de febreiro • Ás 12:00 h • Rúas da vila


Celebración do Día dos Namorados 2025


Cabecera-web-ecultura.png