Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021

| Sábado 26 e domingo 27 de xuño. 2021
| Desde as 21:30 h. do sábado e desde as 20:00 h. o domingo
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021

Concellería de Igualdade | OMIX do Porriño

A Concellería de Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) maniféstanse moi orgullosxs de que o Concello do Porriño se sume á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+. Que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns, sexa cal fora súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade.

Esta data nace como homenaxe ás vítimas dos disturbios no bar neoiorquino Stonewall, en 1969, onde tras un duro enfrontamento coa policía, marcouse o inicio do movemento de liberación homosexual. O termo LGBTIQ+ está formado polas siglas das palabras lesbiana, gai, bisexual,  transgénero, transexual, travesti, intersexual e queer. Ao final adóitase engadir o símbolo + para incluír todos os colectivos que non están representados nas siglas anteriores. A comunidade LGTBIQ+ leva ben alta a bandeira coas cores do arco  iris, buscando ampliar ano a ano os dereitos da comunidade e convidando a reflexionar á sociedade sobre a educación na diversidade e a igualdade de dereitos.


PROGRAMA


Sábado 26 de xuño • Ás 21:30 h. (apertura evento, control de aforo.) • Centro Cultural Municipal

Obra DEBUT

Debut, de Rosa Romero
Foto: Carolina Cebrino

Debut é un rito de paso que se centra no concepto da mirada. Vexa como un salto ao baleiro, forzando a atención nun corpo como demostración de poder e como proba de amor. A viaxe que propón a peza emprega a idea de comezar, debutando como partida inicial; algo que suaviza a mirada da persoa espectadora pero ao mesmo tempo todo se pode esperar, calquera cousa pode pasar en calquera momento nunha escena de Debut.

O que comeza como un ritual pode converterse nun monólogo divertido, voar de novo, conectarse coas estrelas, converterse nunha traxedia, nun movemento, nunha pintura. O corpo atravesa un movemento que celebra o intuitivo, o rítmico e o herdado, un movemento que non quere convencer pero que te precisa. Como en calquera acto iniciático, a persoa iniciada ten que demostrar o seu valor enfrontándose á comunidade con todo o seu corpo. Ponse diante do público (a comunidade da que depende a súa aceptación) e dilles: mírame. Mírame como un acto chamánico, como un feitizo, porque nesta obriga de mirar ocúltanse todas as escuras artes do que chamamos teatro, danza, performance, ritual ou xogo.

Dirección e interpretación: Rosa Romero
Dramaturxia e axuda de dirección: Alberto Cortés
Asistencia corporal : Patricia Caballero
Vestiario: Gloria Trenado (Nantú)
Paisaxe sonora: Pitu García
Iluminación: Carmen Mori
Duración: 50 Min (Aprox.)


Domingo 27 de xuño • Ás 20:00 h. (apertura evento, control de aforo.) • Centro Cultural Municipal

Presentación do mural de Lidia Cao

mural de Lidia Cao. LGTBIQ+
Mural elaborado por Lidia Cao

Presentación do mural elaborado polos membros do Consello da infancia e adolescencia do Porriño

Presentación do mural elaborado polos membros do Consello da Infancia e Adolescencia do Porriño
Mural elaborado no taller de graffiti polos membros do Consello da Infancia e Adolescencia do Porriño

Domingo 27 de xuño • Ás 20:30 h. • Centro Cultural Municipal

RECITAL POÉTICO

(Con interpretación en lingua de signos)

  • PompaeBoato
  • Carlos Lixó
  • Lúa Mosquetera
  • ELDS, En Lingua de Signos

Recital poético. Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021


Domingo 27 de xuño • Ás 21:30 h. • Centro Cultural Municipal

LECTURA DO MANIFESTO

(Con interpretación en lingua de signos)

  • Samuel Merino Gómez
  • ELDS, En Lingua de Signos

Lectura do manifesto por Samuel Merino Gómez. Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021


Domingo 27 de xuño • Ás 22:00 h. • Centro Cultural Municipal

CONCERTO MUSICAL: CINTAADHESIVA

CONCERTO MUSICAL: CINTA ADHESIVA

O proxecto Cintaadhesiva parte dunha relación estreita cos diferentes usos da cinta americana, fiso, pegamento e medio, blu tack e outro tipo de sistemas de fixación e ensamblaxe, agás o loctite e demais fluídos non flexibles, e a súa faceta para unir e superpoñer sempre sobre unha base porosa e escorregadía. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, para acción (aínda que en contra desta afirmación existan varios volumes en forma de cd á venda ou de libre escoita en bandcamp), pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do carpo de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia».

Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pala música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.

Cintaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como “e-poesia”: poesía con música eletrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés (con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient).

En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (guitarra) e Silvia Penas (voz).

Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contidos descata un posicionamento marcadamente feminista e unha visión crítica de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.


Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2021





Cabecera-web-ecultura.png