| Luns 17 de maio. 2021
| A partir dás 16:30 h.
| Centro Cultural de Atios » ver mapa
| Organiza: Asociación Cultural Os Penediños de Atios
| Colabora: Concello do Porriño
Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021.
O acto estará organizado pola Asociación Cultural Os Penediños de Atios, en homenaxe a Xela Arias, e se desenvolverán o luns 17 de maio, ao longo da tarde.
Axenda
- 16:30 h. > Comezo do festexo
- 17:00 h. > Obradoiro de camisolas*
- 17:00 h. > Taller de vídeo con móbiles, con Juanma LoDo*
- 17:30 h. > Actuación do grupo de gaitas e pandereteiras Os Penediños de Atios
- 20:00 h. > Homenaxe a Xela Arias
- 20:30 h. > Sorteo de literatura
* Os talleres requiren inscrición previa
* Inscrición
A inscrición previa para asistir aos talleres será a través do seguinte enderezo electrónico: acospenedinos@hotmail.es.