| Certame: Domingo 11 de xaneiro, ás 17:30 h ás 17:00 h, apertura de portas ás 16:00 h
| Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, quedan cancelados os pasarrúas previstos ao certame
| Certame no Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

O domingo 11 de xaneiro O Porriño poñerá o seu tradicional broche de ouro ao Nadal co Certame de Rondallas. 17 agrupacións sairán á pista do pavillón municipal de deportes para deleitar ao público nun evento que sempre completa aforo.
O certame dará comezo ás 17:30 h ás 17:00 h, apertura de portas ás 16:00 h. Debido ás condicións meteorolóxicas adversas, quedan cancelados os pasarrúas previstos ao certame.
Como cada ano, a entrada é libre e de balde ata completar aforo e as portas do pavillón abrirán ás 16:00 h.
Participantes por orde de actuación
- Rondalla Santa Eulalia (Mos), ás 17:00 h
- Rondalla de Ventosela (Redondela), ás 17:15 h
- Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), ás 17:30 h
- Rondalla Airiños da Lagoa de Baíña (Baiona), ás 17:45 h
- Rondalla do CSCR de Beade (Vigo), ás 18:00 h
- Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns (Vigo), ás 18:15 h
- Rondalla Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo), ás 18:15 h
- Rondalla da SCDR Helios de Bembrive (Vigo), ás 18:45 h
- Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín (Gondomar), ás 19:00 h
- Rondalla da Asociación de Veciños do Galiñeiro de Vincios (Gondomar), ás 19:15 h
- Asociación Rondalla Club Santiaguiño de Guizán (Mos), ás 19:30 h
- Rondalla da Asociación Cultural, Social e Veciñal de Herville (Mos), ás 19:45 h
- Rondalla da Asociación Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), ás 20:00 h
- Rondalla Santiago de Parada (Mos), ás 20:15 h
- Asociación Cultural e Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño), ás 20:30 h
- Rondalla Santa María do Porriño (O Porriño), ás 20:45 h
- Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño), ás 21:15 h
Desenvolvemento do certame
As agrupacións participantes realizarán, previo ao inicio do certame e na mesma orde de actuación, un desfile polo centro da vila.
No caso de suspensión dos desfiles por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal dos Deportes do Porriño.
Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas.
O tempo dispoñible computarase dende o momento no que as agrupacións comecen a interpretar a primeira peza e finalizará unha vez que a/o última/o compoñente abandone a pista onde se leve a cabo a actuación ou dea por rematada a actuación, tendo que saír neste caso sen interpretar ningunha peza.
Comité de observación e valoración de premios
O xurado estará constituído por un comité de observación e valoración de premios, nomeado por resolución de Alcaldía, e composto por unha serie de membros en número impar.

