Certame de Rondallas do Porriño

ACTUALIZACIÓN: novo horario

| Domingo 12 de xaneiro. 2025
| Ás 17:00 h: Pasarrúas polo centro urbano (se a climatoloxía o permite)
| Ás 17:30 h: Certame no Pavillón Municipal dos Deportes » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Certame de Rondallas do Porriño


O Porriño reunirá a 16 agrupacións no seu tradicional Certame de Rondallas. O domingo 12 de xaneiro O Porriño poñerá o seu tradicional broche de ouro ao Nadal co Certame de Rondallas. Miles de rondalleiras e rondalleiros sairán á pista do pavillón municipal de deportes para deleitar ao público nun evento que sempre completa aforo.

As normas serán as de sempre. Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar a súa actuación. O tempo computarase desde o momento no que comecen a interpretar a primeira peza e finalizará unha vez que o último compoñente abandone a pista.

O certame dará comezo ás 17:30 h e estará precedido dun pasarrúas das agrupacións polo centro urbano, sempre que a climatoloxía o permita. As agrupación sairán simultaneamente ás 17 h do Centro Cívico, San Benito, praza Central e Avda. de Galicia.

Como cada ano, a entrada é libre e de balde ata completar aforo e as portas do pavillón abrirán ás 17 h.

O evento retransmitirase en directo nas redes sociais do Concello do Porriño.


Rondallas Participantes

  • Rondalla do CSCR de Beade (Vigo)
  • Rondalla Airiños da Lagoa (Baiona)
  • Rondalla Asoc. Centro Veciñal e Cultural de Valladares (Vigo)
  • Asoc. Veciñal, Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns (Vigo)
  • Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín (Gondomar)
  • Asoc. Rondalla Club Santiaguiño de Guizán (Mos)
  • Asoc. Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui)
  • Rondalla da SCDR Helios de Bembrive (Vigo)
  • Rondalla da Asoc. Cultural, Social e Veciñal de Herville (Mos)
  • Rondalla da Asoc. Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)
  • Rondalla da Asoc. de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar)
  • Rondalla Santiago de Parada (Mos)
  • Rondalla Santa Eulalia de Mos (Mos)
  • Rondalla Santa María do Porriño (O Porriño)
  • Rondalla da Asoc. Recreativa Santa Eulalia de Atios (O Porriño)
  • Asoc. Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño)


Certame de Rondallas do Porriño


cropped-CABECERA-WEB-ECULTURA.png