Charanga Turres Band

| Luns 25 de setembro. 2017
| Dende as 18:00 ata as 20:00 h.
| Animación na rúa

The Turres Band. Festas do Cristo 2017. O Porriño

The Turre´s Band é un experimento sociolóxico sen precedentes que se dá alá polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serían nada… Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tonterias aínda que seguían abertas da impresión que causaba a mestura espectacular que fai este grupo de vento e percusión.

Xa quedaron atrás moitas duras batallas con públicos peleones e que non paraban de saltar e bailar ante coa nosa música. Entre eles, grandes salas de concertos coma Tubulart e Liceum en Porriño, sala D. Antón na Laracha, sala Dzine en San Sadurniño, sala Breogain en Vigo, sala 600 de Melide, sala Clavichembalo de Lugo e grandes festivais, como Reperkusión 2006, Festival Rebumbio, Festival A sacho, Gandarós 2007, Terra brava do Incio 2007, Festixeve 2007, Festival Intercultural de Calaf (Cataluña) 2007, Festival Son dos Ventos de Melón (Ourense), Festival de Titeres de Redondela 2005/06/07/08/09, Festival de Cinema de Ourense 2008, Festival de Cinema de Cans (Porriño) 2007, Festival de Música en la Calle de Espinar/ Segovia 2008, Festival do Muiño 2008/09 en Pontecaldelas (Pontevedra) e os que quedan atrás…. tamén tocamos en grandes festas como as Festas do Cristo do Porriño, Festa das flores de Vigo e Pontevedra, Festas de San Froilán de Lugo, Festas de María Pita da Coruña, Festas de Santiago Apostol en Santiago de Compostela…

Unha música que non coñece de fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A súa música vai desde o máis suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chegando á alegría e desenfreo dos ritmos ská e de música balkánika, e sen esquecerse dun dos inventos mais importantes dos últimos anos (despois da tortilla de patacas con chourizo, claro….) a MUIÑEIRA-SKA!!! Un estraño pero singular híbrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreo da música ská, unha mestura que no momento que é escoitada polo público sente a impetuosa obligación de mover os pés ao seu ritmo.

Máis información sobre The Turres Band, no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Cabecera-web-ecultura.png