Charla: Coidados básicos do oído. Coidados porta a porta

| Xoves 8 de xuño. 2023
| Ás 19:00 h
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Charla: Coidados básicos do oído. Coidados porta a porta

Programa “Coidados porta a porta”. Xunta de Galicia


O Centro Cultural Municipal acollerá o xoves día 8 de xuño, ás 19 horas, unha charla informativa sobre os servizos asistenciais que ofrece o programa “Coidados porta a porta” posto en marcha pola Xunta de Galicia, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.


Coidados porta a porta

O autobús de “Coidados porta a porta” estará o xoves 8, venres 9 e o luns 12 achegando aos maiores de 55 anos consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. A unidade móbil está estacionada no aparcamento da Piscina Municipal.

Profesionais sanitarios atenderán as consultas básicas e realizarán exploracións e valoracións nestas tres especialidades. É un servizo gratuíto.

Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Coidados porta a porta


Cabecera-web-ecultura.png