Charla espectáculo de maxia: “A igualdade non ten truco”

| Xoves 14 de setembro. 2023
| Ás 20:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Charla espectáculo de maxia: “A igualdade non ten truco”

Compañía Magia en la manga
Biblioteca Municipal, Ler Conta moito


É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual.

As magas antigas e modernas tiveron e aínda teñen que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como dos seus compañeiros ilusionistas. Estes problemas non existen só no mundo da maxia, polo que tamén veremos como estas desigualdades se dan na vida cotiá de todas as mulleres e en moitas outras profesións. A igualdade non ten truco xa foi representado en numerosos centros de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia, cunha moi boa acollida tanto das alumnas e alumnos como do equipo docente.


Obxectivos

  • Promover a igualdade de xénero a través da perspectiva particular do ilusionismo.
  • Concienciar á mocidade da necesidade da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade.
  • Dar a coñecer conceptos chave do feminismo.
  • Recoñecer o papel das mulleres ilusionistas no mundo da maxia.
  • Proporcionar referentes femininos para incentivar o interese das alumnas polo mundo do ilusionismo.


Charla espectáculo de maxia: “A igualdade non ten truco”


Biblioteca Municipal do PorriñoLer conta moitoCabecera-web-ecultura.png