| Xoves 6 de febreiro. 2025
| Ás 18:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

O Concello do Porriño e a fundación Aldaba, colaboran na organización da charla sobre acollemento familiar de nenas/os adolescentes. A charla enmárcase no programa de acollemento familiar “En Familia”, que dispón dunha rede de familias que teñen como obxectivo ser referencia para nenas, nenos e adolescentes que viven en centros de protección e que non dispoñen doutras alternativas familiares.
Esta sesión informativa non está dirixida unicamente a familias interesadas no acollemento, senón que tamén busca dar a coñecer a situación dos e das menores de acollida e procura unha maior sensibilización social ao respecto.
Para obter máis información poden visitar a páxina web www.enfamilia.gal ou chamar ao número de teléfono 634 240 914.

