| Xoves 7 de marzo. 2024
| Ás 19:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
Organiza: Centro de Saúde do Porriño
Colabora: Concello do Concello
O Centro Cultural Municipal acollerá o 7 de marzo unha charla informativa sobre o documento de instrucións previas organizada polo Centro de Saúde do Porriño coa colaboración do Concello.
Esta actividade, que forma parte do proxecto de investigación “Efectividade dunha intervención comunitaria no rexistro do Documento de Instrucións Previas”, ten a finalidade de informar á veciñanza desta ferramenta da que dispón para conseguir que o seu proceso de final de vida transcurra conforme aos seus valores e vontade.
“É importante difundir a utilidade deste documento e capacitar á poboación para a toma de decisións anticipadas”, explicou a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, “Podemos deixar constancia da nosa vontade e a xente debe sábelo e tamén como facelo”.
Mediante o documento de instrucións previas unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e o destino final do seu corpo, co fin de que esta sexa respectada no momento en que por determinadas circunstancias non poda expresala persoalmente.
A charla dará comezo ás 19:00 h e correrá a cargo de dous médicos e unha traballadora social do Centro de Saúde do Porriño.