| Días 4, 5, 6 e 10 de maio. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación secundaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada
| Concellería de Educación e Seguridade | OMIX do Porriño
Desde a Concellería de Educación e Seguridade xunto coa OMIX do Concello do Porriño, tense previsto realizar polos centros de educación secundaria do Porriño, a charla informativa “Violencia Psicolóxica”, actividade incluída dentro da programación anual que o Concello do Porriño leva a cabo na promoción de Igualdade de Xénero.
O obxectivo desta charla é o de formar os alumnos/as na problemática da violencia de xénero e facilitarlles ferramentas para a detección, a prevención e a intervención psicolóxica dos malos tratos físicos e psicolóxicos á muller, especialmente por parte das súas parellas. Así mesmo, abordarase a problemática dos malos tratos no noivado e entre adolescentes.
Temas a tratar
- Que son as axentes de igualdade?
- Que aptitudes debe ter unha persoa que trate con mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero?
- Que é a violencia de xénero psicolóxica?
- Características dos malos tratos psicolóxicos
- Violencia psicolóxica
- Exemplos de violencia psicolóxica
- Consecuencias da violencia psicolóxica
- Obxectivos que se pretenden alcanzar
- Preguntas
- Vídeos
Relatores
- Elena Gómez Amoedo, técnica superior na promoción da igualdade de xénero.
- Daniel Rodriguez González e Tania González Iglesias, funcionarios adscritos á unidade de policía xudicial de violencia de xénero no Porriño.
Centros participantes:
Centros Participantes: IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomas e CPR Hermanos Quiroga.
Actividade concertada cos centros educativos. Participarán un total de 97 alumnos/as.