Charla: “Nutrición e saúde: trastornos alimentarios”

| Martes 23 de outubro. 2018
| Ás 16:45 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Charla: “Nutrición e saúde: trastornos alimentarios”

Relatora: doutora Olga Villar Moreira. Asistencia da Diputada de Cohesión Social e Xuventude, Dª. Digna Rivas.

Desde a OMIX do Concello do Porriño levarase a cabo, contando coa colaboración do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación Provincial, esta actividade formativa impartidas por profesionais da medicina.

Contarase coa presenza da Diputada de Cohesión Social e Xuventude, Dª. Digna Rivas e a charla será impartida por Olga Villar Moreira, profesional da medicina proposta polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, especialista na temática. Terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Municipal do Porriño na data do martes 23 de outubro de 2018, ás 16:45 horas.

A charla vai dirixida a xuventude (asistirán un total de 113 alumnos da ESO, Bacharelato e FP de diferentes centros de ensino do concello) e público en xeral, coa temática: “Nutrición e Saúde: trastornos alimentarios”. Unha acción encamiñada a informar e formar a xuventude, país/nais… e asistentes en xeral, na consecución dunha mellor educación para a saúde.

A actividade formativa terá 45 minutos de duración e ao finalizar abrirase un coloquio-debate coas persoas asistentes.


Patrocinio Deputación OMIXCabecera-web-ecultura.png