| Martes 5 de maio • A partir das 17:00 h • Asociación Cultural de Pontellas
| Martes 19 de maio • A partir das 17:00 h • Asoc. Cultural Mosteiro de Budiño
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Organizan: Concello do Porriño e Protección Civil
O Concello do Porriño en colaboración con Protección Civil, organizan estas Charlas de Primeiros Auxilios, un programa formativo de balde dirixido á veciñanza e ao tecido asociativo.
Estas sesións permitirán aprender a actuar ante situacións de emerxencia como paradas cardiorrespiratorias, afogamentos, ictus, cortes, feridas ou queimaduras, achegando coñecementos básicos que poden marcar a diferenza no día a día.
Unha iniciativa para construír unha cidadanía máis preparada, segura e responsable. Seguimos apostando pola prevención, pola formación e pola colaboración cos servizos de emerxencia.

