Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A fonte das mulleres”

| Xoves 25 de novembro. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Prazas limitadas
| Cinema para persoas adultas

Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A fonte das mulleres”

Organiza: Concellería de Igualdade | Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero


A Concellería de Igualdade programa para o mes de novembro o ciclo de proxeccións de películas “Cinema 25N”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O ciclo terá lugar no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. con aforamento limitado.


Ciclo Cinema 25N

  • Venres 5 de novembro: “O medo” de Jordi Cadena. 2013 [ + info ]
  • Venres 12 de novembro: “A maleta de Marta” de Gúnter Schwaiger. 2013 [ + info ]
  • Venres 19 de novembro: “As elixidas” de David Pablos, 2015 [ + info ]
  • Xoves 25 de novembro: “A fonte das mulleres” de Radu Mihaileanu, 2011

A fonte das mulleres

Título orixinal: La source des femmes
Ano: 2011
Duración: 136 min.
País: Bélgica
Director: Radu Mihaileanu
Guion: Radu Mihaileanu e Alain-Michel Blanc
Música: Armand Amar
Fotografía: Glynn Speeckaert
Interpretación: Hafsia Herzi, Leïla Bekhti, Sabrina Ouazani, Malek Akhmiss, Saad Tsouli, Hiam Abbass, Biyouna
Produtora: Coprodución Bélgica-Francia-Italia; Elzévir Films, Europa Corp, Indigo Film
Xénero: comedia dramática


Sinopse:
Nun pequeno pobo de Oriente Medio, a tradición esixe que as mulleres vaian buscar auga, baixo un sol ardente, á fonte que nace no alto dunha montaña. Leila, unha nova casada, propón ás demais mulleres unha folga de sexo: non manterán relacións sexuais ata que os homes colaboren con elas no transporte da auga ata a aldea.



Ciclo Cinema 25N. Proxección do filme: “A fonte das mulleres”


Cabecera-web-ecultura.png