| Venres 5 de novembro. 2021
| Ás 19:00 h.
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Prazas limitadas
| Cinema para persoas adultas
Organiza: Concellería de Igualdade | Financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero
A Concellería de Igualdade programa para o mes de novembro o ciclo de proxeccións de películas “Cinema 25N”, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O ciclo terá lugar no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. con aforamento limitado.
Ciclo Cinema 25N
- Venres 5 de novembro: “O medo” de Jordi Cadena. 2013
- Venres 12 de novembro: “A maleta de Marta” de Gúnter Schwaiger. 2013 [ + info ]
- Venres 19 de novembro: “As elixidas” de David Pablos, 2015 [ + info ]
- Xoves 25 de novembro: “A fonte das mulleres” de Radu Mihaileanu, 2011 [ + info ]
O medo
Título orixinal: La Por
Ano: 2013
Duración: 73 min.
País: España
Director: Jordi Cadena
Guion: Jordi Cadena, Núria Villazán. Novela: Lolita Bosch
Fotografía: Sergi Gallardo
Interpretación: Igor Szpakowski, Roser Camí, Ramon Madaula, Alícia Falcó
Produtora: Oberón Cinematográfica
Xénero: drama
Sinopse:
Manel, un mozo de 16 anos, nunca fala con ninguén do medo que el, a súa nai e a súa irmá pequena senten cando o seu pai está na casa. Por iso a Manel gústalle tanto ir ao instituto: porque mentres está alí libérase dese medo.