Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Camino de la cruz”

| Venres 26 de marzo. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricións do venres 19 ao xoves 25 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Camino de la cruz”

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Desde a concellería de cultura iniciamos, este 26 de febreiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro cultural municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Dirección de Mulleres

  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado para o 26 de febreiro, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. >> Evento adiado para o 25 de xuño.
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’.
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’. [ + info ]
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’. [ + info ]
  • Venres 25 de xuño de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 19 ata o xoves 25 de marzo, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Camino de la cruz

Título orixinal: Kreuzweg (Stations of the Cross)
Ano: 2014
Duración: 107 min.
País: Alemaña
Directora: Dietrich Brüggemann
Guion: Dietrich Brüggemann, Anna Brüggemann
Interpretación: Lea van Acken, Franziska Weisz, Florian Stetter, Ramin Yazdani, Hanns Zischler, Birge Schade, Anna Brüggemann, Michael Kamp e Sven Taddicken.
Produtoras: UFA Fiction, Cine Plus, ARTE, SWR.
Xénero: Drama


Sinopse:
Maria atópase atrapada entre dous mundos. No colexio, esta moza de 14 anos, ten os típicos intereses dunha adolescente, pero cando está na súa casa debe seguir os ditados da Sociedade de San Pío X e a súa tradicional interpretación do catolicismo. Todo o que Maria pensa e fai debe ser examinado ante Deus.



Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Camino de la cruz”


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png