Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: Penélope

| Venres 28 de maio. 2021
| Ás 19:00 h. 20:30 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado de 50 persoas
| Inscricións do venres 21 ao xoves 27 de maio, ás 00:00 horas, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: Penélope

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Desde a concellería de cultura iniciouse, o 26 de febreiro, un ciclo de proxeccións de películas, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. (a de maio ás 20:30 h.) cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Dirección de Mulleres

  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Planes para mañana” de Juana Macías. 2010. España. 96’. >> Evento adiado para o 26 de febreiro, atendendo ás limitacións impostas pola Xunta de Galicia fronte á propagación da COVID-19. [ + info ]
  • Venres 26 de febreiro de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. >> Evento adiado para o 25 de xuño.
  • Venres 26 de marzo de 2021: “Camino de la cruz” de Dietrich Brüggemann. 2014. Alemaña. 107’. [ + info ]
  • Venres 23 de abril de 2021: “Capitanes de abril“ de María de Medeiros.
    2000. Portugal. 123’. [ + info ]
  • Venres 28 de maio de 2021: “Penélope” de Eva Vila. 2017. España. 90’.
  • Venres 25 de xuño de 2021: “Lejos de ella” de Sarah Polley. 2006. Canadá. 110′. [ + info ]

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 21 ata o xoves 27 de maio, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Penélope

Título orixinal: Penélope
Ano: 2017
Duración: 90 min.
País: España
Directora: Eva Vila
Guion: Pep Puig e Eva Vila
Música: Juan Sánchez “Cuti”
Fotografía: Julián Elizalde
Interpretación: Carme Tarte Vilardell, Ramon Clotet Sala…
Produtoras: Araki Films, Eurimages, ICIC, ICAA, PolandStudio e Televisión de Galicia (TVG)
Xénero: Drama


Sinopse:
Versión elíptica e crepuscular da Odisea de Homero. A Penélope desta historia chámase Carmen, ten o carácter dunha xeración dura pero sentida, e espera en Santa María de Oló. O Ulises é Ramón, que regresa ao pobo tras trinta anos de ausencia. Un último viaxe cuxo fin, máis aló do vivido, é o regreso a unha patria e a un modo de vida que se extinguirá con eles.



Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: Penélope


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png