Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Longa noite”

| Venres 29 de outubro. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforamento limitado
| Inscricióna do 22 ao 28 de outubro, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Longa noite”

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Desde a Concellería de Cultura iníciase, este 29 de outubro, o ciclo de proxeccións de películas “Cinema Galego”, da man de Rebobina Asociación Cultural, os últimos venres de mes no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. cun aforamento máximo de 50 persoas.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Cinema Galego

  • Venres 29 de outubro de 2021: “Longa noite” de Eloy Enciso. 2019. Galicia. 93′
  • Venres 26 de novembro de 2021: “Te doy mis ojos” de Andrés Goteira. 2017. Galicia. 85’
  • Venres 17 de decembro: “Mimosas” de Oliver Laxe, 2016. Galicia. 96’

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 22 ata o xoves 28 de outubro, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Longa noite

Título orixinal: Longa noite
Ano: 2019
Duración: 93 min.
País: España
Director: Eloy Enciso
Guion: Eloy Enciso
Música: Jonathan Goldsmith
Fotografía: Mauro Herce
Interpretación: Celsa Araujo, Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Suso Meilan, Manuel Pumares, Verónica Quintana
Produtoras: Filmika Galaika S.L.
Xénero: Drama, Guerra Civil Española


Sinopse:
Anxo regresa ao seu pobo natal na zona rural de Galicia. Alí atópase co rancor tanto de gañadores como de vencidos, quen lle ve en perigo de profundar en memorias que crían esquecer.



Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Longa noite”


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png