Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Mimosas”

| Venres 17 de decembro. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscrición do 10 ao 16 de decembro, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Mimosas”

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


A Concellería de Cultura iniciou o 29 de outubro o ciclo de proxeccións de películas “Cinema Galego”, da man de Rebobina Asociación Cultural. O ciclo terá lugar os últimos venres de mes no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. cun aforamento limitado.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Cinema Galego

  • Venres 29 de outubro de 2021: “Longa noite” de Eloy Enciso. 2019. Galicia. 93′
  • Venres 26 de novembro de 2021: “Te doy mis ojos” de Andrés Goteira. 2017. Galicia. 85’
  • Venres 17 de decembro: “Mimosas” de Oliver Laxe, 2016. Galicia. 96’

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 10 ao xoves 16 de decembro, ás 00:00 h, as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Mimosas

Título orixinal: Mimosas
Ano: 2016
Duración: 96 min.
País: España
Director: Oliver Laxe
Guion: Oliver Laxe, Santiago Fillol
Fotografía: Mauro Herce
Interpretación: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Said Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad, Margarita Albores, Abdelatif Hwidar
Produtoras: Zeitun Films, Rouge International
Xénero: drama


Sinopse:
Unha caravana transporta a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero morre mentres soben as escarpadas cumes do Atlas marroquí. Os viaxeiros, medorentos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A esposa do Sheikh dubida deles. Nun mundo paralelo e remoto, a Shakib elíxeno para viaxar ás montañas coa misión de axudar aos improvisados caravaneiros a chegar ao seu destino. A Shakib tamén lle asaltan as dúbidas; trátase da súa primeira misión.



Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Mimosas”


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png