Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Te doy mis ojos”

| Venres 26 de novembro. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Prazas limitadas
| Inscrición do 19 ao 25 de novembro, a través do correo: rebobinacineclube@gmail.com

Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Te doy mis ojos”

Organiza: Rebobina Asociación Cultural. Colabora: Concello do Porriño


Temática especial dentro do Ciclo Cinema Galego, en conmemoración do 25N, pero con participación actoral galega.

A Concellería de Cultura iniciou o 29 de outubro o ciclo de proxeccións de películas “Cinema Galego”, da man de Rebobina Asociación Cultural. O ciclo terá lugar os últimos venres de mes no Centro Cultural Municipal, ás 19:00 h. cun aforamento limitado.

O proxecto “CICLO DE CINEMA” consiste nun espazo cultural aberto onde se oferta cinema á veciñanza porriñesa e da contorna para a divulgación das actividades audiovisuais como expresión artística.

Vai dirixido ás persoas interesadas en entender a linguaxe audiovisual, sensibilizándoas en distintas temáticas de interese xeral, como son: ecoloxía, feminismo, memoria histórica, medio ambiente, etc., creando un colectivo público que non sexan só espectadores, senón que, co intercambio de opinións e reflexións, construír unha visión crítica.

Ao finalizar cada proxección, como actividade complementaria pero esencial, haberá un foro que propicie o intercambio de opinións, reflexións, ideas, un diálogo sobre a análise do filme en si mesma e da proposta temática, alentado pola asistencia de persoas convidadas relacionadas ou co filme ou coa temática.


Ciclo Cinema Galego

  • Venres 29 de outubro de 2021: “Longa noite” de Eloy Enciso. 2019. Galicia. 93′
  • Venres 26 de novembro de 2021: “Te doy mis ojos” de Andrés Goteira. 2017. Galicia. 85’
  • Venres 17 de decembro: “Mimosas” de Oliver Laxe, 2016. Galicia. 96’

Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o venres 19 ata o xoves 25 de novembro, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo rebobinacineclube@gmail.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



Te doy mis ojos

Título orixinal: Te doy mis ojos
Ano: 2003
Duración: 106 min.
País: España
Director: Icíar Bollaín
Guion: Icíar Bollaín, Alicia Luna
Música: Alberto Iglesias
Fotografía: Carles Gusi
Interpretación: Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña, Rosa María Sardà, Kiti Mánver, Elisabet Gelabert, Sergi Calleja, Nicolás Fernández Luna, Chus Gutiérrez, Elena Irureta, Dave Mooney, Antonio de la Torre, Francesc Garrido, Roberto Álamo
Produtoras: Producciones La Iguana S.L, Alta Producción
Xénero: drama


Sinopse:
Unha noite de inverno, Pilar sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cosas e ao seu fillo Juan. Escapa de Antonio, un marido que a maltrata e co que leva 9 anos casada. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais, “deulle os seus ollos”.



Ciclo Cinema Galego. Proxección do filme: “Te doy mis ojos”


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png