Ciclo de charlas: Acompañando na aventura de crecer. “Entende como crece”

| Venres 11 de febreiro. 2022
| Ás 18:30 h
Centro Cultural Municipal » ver mapa

Acompañando na aventura de crecer

Xornadas para familias e profesionais. Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño


Nestas xornadas organizadas desde a Concellería de Cultura e Igualdade do Porriño, a través da biblioteca municipal, abordarase, desde diferentes puntos de vista, como podemos favorecer o correcto desenvolvemento das nosas fillas e fillos desde que nacen e na súa primeira etapa infantil, para favorecer unha vida adulta máis saudable e enriquecedora.

Desde diferentes perspectivas profesionais, trataranse varios temas de suma importancia para o desenvolvemento infantil, que funcionan como termómetros para avalialo: a linguaxe, o psicomotricidade, as emocións ou a visión, entre outros.

Ofrecerase valiosa información que, desde o coñecemento científico actual, permita acompañar esta etapa primordial, onde se asentan as bases do equilibrio vital e así saber afrontar os diferentes retos na vida adulta.

Grazas á neurociencia, sabemos que ter unhas persoas coidadoras de referencia e un variado número de experiencias sensoriais, brindaralle ás cativas e aos cativos as oportunidades para acadar un bo desenvolvemento na procura do seu máximo potencial.
Todo isto, exposto desde a sinxeleza das experiencias vitais que nos ofrece o día a día e coa atención posta nos detalles importantes, que a miúdo pasan desapercibidos polo remuíño de ofertas e o ritmo estresante ao que estamos expostas/os.

Unha oportunidade única para saber do desafío que supón o desenvolvemento do cerebro infantil e cal é o noso papel como persoas coidadoras; como as figuras referentes ou as persoas que atendemos as súas necesidades en momentos puntuais. O xeito de comunicármonos coas crianzas tamén as condiciona.

Acompañando na aventura de crecer


2ª Xornada: Entende como crece

Venres 11 de febreiro. Ás 18:30 h

O contido da charla será o desenvolvemento motor na primeira infancia, falaremos sobre os principais fitos de cada etapa e explicaremos como acompañar as nosas crianzas en cada momento, así como algunhas claves para detectar calquera disfunción de maneira precoz.


Vanesa Gómez Gándara (relatora)

Vanesa Gómez Gándara

Vanesa é fisioterapeuta colexiada. Especialista en pediatría, con formación en fisioterapia respiratoria, desenvolvemento motor, problemas dixestivos e terapia manual.

Imparte talleres de formación para familias, en colaboración coas matronas nos talleres prenatais e postnatais. Na súa imparable curiosidade por aprender, actualmente traballa na formación “Método B-B”, unha disciplina integradora no tratamento coas crianzas. Amais, organiza charlas sobre masaxes infantís e é asesora de lactancia e porteo, entre outras.


Acompañando na aventura de crecer

O ciclo de charlas “Acompañando na aventura de crecer” desenvolverase ao longo dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio e xuño. Xa o sabes, garda na túa axenda o segundo venres de cada mes do primeiro semestre de 2022. Non o esquezas, ás 18:30 h no Centro Cultural Municipal.


  • 1ª Xornada. Xaneiro: Impacto das pantallas no desenvolvemento cognitivo. Relatora: María Couso Barja [ver]
  • 2ª Xornada. Febreiro: Entende como crece. Relatora: Vanesa Gómez Gándara
  • 3ª Xornada. Marzo: Aprende a ver como ve. Relatora: Antía Blanco Bernárdez [ver]
  • 4º Xornada. Abril: O xogo a través dos sentidos. Relatora: Mari Carmen Vaqueiro Álvarez [ver]
  • 5ª Xornada. Maio: Imos querernos ben!. Relatora: Vanessa Cortegoso Díaz [ver]
  • 6ª Xornada. Xuño: Desde lactar ata falar, todo un camiño de comunicación. Relatora: Eva López Domínguez [ver]

Laura Alonso Coto (coordinadora das charlas)

Laura Alonso Coto.Coordinadora das charlas acompañando na aventura de crecer

Óptica-optometrista con formación de posgrao en Optometría Clínica e Terapia Visual. Ampla e continua formación no ámbito do desenvolvemento infantil, así como asistente e relatora en diferentes cursos do ámbito nacional e internacional.

Socia clínica de SIODEC (Sociedade Internacional de Optometría do Desenvolvemento e o Comportamento) e socia voluntaria de “Abre sus Ojos”, con quen colabora nos programas de avaliación a pacientes con discapacidade intelectual e necesidades visuais.

Actualmente, traballa como profesora impartindo cursos para optometristas coa “Asociación Española de Optometristas Unidos” e dirixe a súa propia consulta de optometría na clínica “Sastre & Rojo” (Vigo).


Descarga o programa das charlasPDF ]

Centro de Interese Crianza da Biblioteca Municipalligazón externa ]

Biblioteca Municipal do Porriñoligazón externa ]


Biblioteca Municipal do Porriño

Cabecera-web-ecultura.png