| Venres 24 de xuño. 2022
| Ás 21:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa (en caso de choiva no Círculo Recreativo Cultural, entrada libre e de balde)
Ciclo de jazz e blues
Devayu é o novo proxecto de Álvaro Vieito. Unha sesión de estudo rexistra un fresco repertorio de cancións orixinais compostas para esta formación. Un novo lugar inspira melodías que evocan cheiros, gamas de cores e sensacións difíciles de expresar con palabras pero quizais non tanto con música.
- Javier Ortí – saxo tenor
- Álvaro Vieito – guitarra e composicións
- Javier Delgado – contrabaixo
- Nacho Megina – batería
Álvaro Vieito
Fórmase en Estudo-escola en Santiago de Compostela e o SPJ de Pontevedra, sendo bolseiro por AIE para custear os estudos, por IGAEM para unha viaxe e concerto en Suecia e seleccionado para o meeting anual de IASJ en Louisville. Logo é admitido pola New School e trasládase a New York. Á súa volta, grava “Introducing” xirando co Ciclo 1906, con gran acollida e recensións en medios como El Mundo e ABC na súa edición nacional.
Tocou en festivais de jazz como o de Copenhague, Jazz y Más Heineken en Canarias, JazzMadrid, Sevilla, Cáceres, Cádiz, Selecta, Huelva, Ceuta, Lugo, Imaxinasons, etc. con grupos como Andalucía Big Band, Jimmy Weinstein, Pedro Cortejosa, Arturo Serra, Eva Cortés e Guillermo McGuill, entre outros.
Discografía
- Lobalú – Haikus con Najla Shami, Héctor Lorenzo, Alfonso Calvo, Miguel Queixas, Michel González, Pedro Pascual, Quim Fariña, Guille Fernández
- Introducing (álbum debut como líder) con Abe Rábade, Masa Yamamoto, Ross Gallagher e Max Gómez
- Vision Tales de Javier Delgado e Arturo Serra, con Juan Galiardo e Martin Andersen
- Mares de Juan García con Jimmy González
- Celtis Australis de Pancho Álvarez
- Enki de Javier Ortí con Julián Sánchez, Javier Galiana, Javier Delgado e Nacho Megina
- Boreas – In my Life con Xan Campos, Luis Salto e Jesús Pazos
- Cuarteto Fuerte de Juan Miguel Martín con Gustavo Domínguez e Nacho Megina
- Devayu con Javier Ortí, Javier Delgado e Nacho Megina
- Cordelia – Un Paraguas Japonés con Lola Botello, Javier Delgado e Luati González
- Dr. Frankestein – Suite de Pedro Cortejosa, con Andalucía Big Band