| Sábado 25 xuño. 2022
| Ás 21:00 h
| Barrio de San Bieito » ver mapa (en caso de choiva no Círculo Recreativo Cultural, entrada libre e de balde)
Ciclo de jazz e blues
Boreas é un proxecto centrado na revisión, a través de arranxos orixinais, de cancións que forman parte da cultura popular e foron fortes influencias para os seus compoñentes. In my Life dá nome a un disco no que nos atopamos 8 obras mestras de The Beatles tratadas desde o prisma duns músicos habitualmente inmersos no terreo do jazz e a improvisación.
O gusto exquisito e o toque elegante das oito pezas seleccionadas é unha característica intrínseca do cuarteto que se “apropia” de todas e cada unha delas coma se fosen composicións propias. O proxecto diríxese e dixire con soltura, sen esforzo e entrando fácil ao oínte que a recado gozará desta linguaxe distinta que traduce e interpreta ao cuarteto de Liverpool e que converte a súa música en estándar do século XXI, e que gozasen a partes iguais amantes do jazz e seguidores dos Beatles.
- Álvaro Vieito – guitarra eléctrica e acústica
- Xan Campos – piano
- Luís Salto – contrabaixo
- Jesús Pazos – batería