Ciclo “Marzo de sábados teatrais”: “A comuna da Ingrávida”

| Sábado 27 de marzo. 2021
| Ás 21:00 h.
| Espectáculo en liña
| Inscricións do luns 22 ao venres 26 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: xerpoteatro@xerpocultural.com

Ciclo “Marzo de sábados teatrais”: "A comuna da Ingrávida"

Presentación do Día Mundial do Teatro


Presentación do Día Mundial do Teatro na compañía de artistas convidadas, Mariana Carballal e Tatán de Tanxarina entre outras.

Nesta zoomtanza o público asistirá a unha presentación da Comuna da Ingrávida na que unha por unha irán presentando e falando coas artistas convidadas e, ao final, lerase o Manifesto do día mundial do Teatro polo ITI (International Theatre Institute) traducido ao galego.


Inscricións

Desde o luns 22 ata o venres 26 de marzo, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo xerpoteatro@xerpocultural.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva.


Ciclo “Marzo de sábados teatrais”

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “Teatro confinado”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.

Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “Teatro confinado”. En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.


  • Sábado 6 de marzo de 2021: “Gregor-e” [ + info ]
  • Sábado 13 de marzo de 2021: “#Interferencia Varada” [ + info ]
  • Sábado 20 de marzo de 2021: “La Teoría de la Pelvis” [ + info ]
  • Sábado 27 de marzo de 2021: “A comuna da Ingrávida

Cabecera-web-ecultura.png