Ciclo “Marzo de sábados teatrais”. Obra: “Gregor-e”

| Sábado 6 de marzo. 2021
| Ás 21:00 h.
| Espectáculo en liña
| Inscricións do luns 1 ao venres 5 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: xerpoteatro@xerpocultural.com

Ciclo “Marzo de sábados teatrais”. Obra: "Gregor-e"

Unha peza de teatral de Xerpo Teatro


“Gregor-e” é a segunda parte de “MetamorfoseS”, unha peza de Xerpo que rodou escenarios de toda a península cos seus cables e sensores que daban vida ao programador Gregor Samsa, que un fatídico día espertou convertido nun monstruoso… ordenador. Esta peza, é ademais a versión confinada e socialmente distanciada da mesma obra pero dende outro punto de vista e completamente actualizada.

En “Gregor-e”, o personaxe que encarna Álex Sobrino, esperta como ser humano dixitalizado nun ordenador pensando que aínda está na súa casa, que ten que coller o tren das 8:15 h. para ir traballar e que ten á súa familia pendente do seu soldo mileurista. A obra transcorre co descubrir de Gregor-e do seu estado actual.


Inscricións

Desde o luns 1 ata o venres 5 de marzo, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo xerpoteatro@xerpocultural.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva.


Ciclo “Marzo de sábados teatrais”

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “Teatro confinado”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.

Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “Teatro confinado”. En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.


  • Sábado 6 de marzo de 2021: “Gregor-e
  • Sábado 13 de marzo de 2021: “#Interferencia Varada” [ + info ]
  • Sábado 20 de marzo de 2021: “La Teoría de la Pelvis” [ + info ]
  • Sábado 27 de marzo de 2021: “A comuna da Ingrávida” [ + info ]

Cabecera-web-ecultura.png