| Sábado 13 de marzo. 2021
| Ás 21:00 h.
| Espectáculo en liña
| Inscricións do luns 8 ao venres 12 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: xerpoteatro@xerpocultural.com
Unha peza de teatral de Xerpo Teatro
#InterferenciaVarada é a última proposta da compañía de teatro Xerpo e a primeira vez que se xuntan sós no escenario as creadoras Irene Moreira e Álex Sobrino para preguntarse se realmente é posíbel viaxar na realidade espazo-temporal que vivimos. O haiku, os púlsares e máis descubrimentos agárdannos nunha proposta chea de honestidade, poética e asombro.
É posíbel viaxar na realidade espazo-temporal que vivimos. O haiku, os púlsares e máis descubrimentos agárdannos nunha proposta chea de honestidade, poética e asombro.
A proposta nace da iniciativa de trascender as limitacións espazo-temporais que nos atan para poder facer posible o traballar con Rosa Romero, creadora de Cádiz, a raíz das primeiras propostas comezamos a pensar máis profundamente no espazo e no tempo e non puidemos evitar pensar nun xénero poético que centra a súa arte no tratamento deste concepto, o Haiku, e pensar neste xénero poético levounos directamente a Helena Villar Janeiro, escritora e creadora galega cunha marabillosa produción de haikus.
Os haikus de Helena transportáronnos á natureza, ao exterior, ás estrelas. E nas estrelas atopámonos con Jocelyn Bell, e cruzámonos con Hedy Lamarr mentres tratabamos de viaxar no tempo con Hannah Courtoy.
Irene e Álex profundizan nestra proposta na linguaxe corporal e escénica nunha comunicación máis directa, técnica sen artificio, sensibilidade ao natural. Unha conversa entre a textura e a luz que tinxe de calor a mirada e alude aos sentidos.
Este espectáculo constitúe unha pedra angular na produción de Xerpo, é unha peza que consideramos un antes e un despois, de volta ás orixes coa mirada posta no futuro.
Inscricións
Desde o luns 8 ata o venres 12 de marzo, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo xerpoteatro@xerpocultural.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva.
Ciclo “Marzo de sábados teatrais”
A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “Teatro confinado”.
Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.
Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “Teatro confinado”. En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.
- Sábado 6 de marzo de 2021: “Gregor-e” [ + info ]
- Sábado 13 de marzo de 2021: “#Interferencia Varada”
- Sábado 20 de marzo de 2021: “La Teoría de la Pelvis” [ + info ]
- Sábado 27 de marzo de 2021: “A comuna da Ingrávida” [ + info ]