Ciclo “Marzo de sábados teatrais”. Obra: “La Teoría de la Pelvis”

| Sábado 20 de marzo. 2021
| Ás 21:00 h.
| Espectáculo en liña
| Inscricións do luns 15 ao venres 19 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: xerpoteatro@xerpocultural.com

Ciclo “Marzo de sábados teatrais”. Obra: La teoria de la pelvis

Unha hipótese de Alberto Cortés e Rosa Romero sobre a urxencia de accionar o corpo.


La teoría de la pelvis” é unha película en liña de cinema en vivo, unha representación escénica e é un documento relacionado coa necesidade de activar o corpo e de como este movemento activa unha reacción en cadea. A peza xestase nun momento en que os creadores se atopan en confinamento causado pola Covid-19 e reformúlanse a urxencia de propagar unha teoría que reflexione sobre a activación do movemento como cambio.

Si las capacidades de acción ya se encontraban en un estado de somnolencia, este Estado de Alarma viene a finalizar la poca acción que nos quedaba. Podríamos decir que el confinamiento supone para “La teoría de la pelvis” lo que supuso la caída de la manzana del árbol para Newton.

Os movementos xeraron todo o que nos rodea. Non somos capaces de supoñer unha evolución lineal ou non, histórica ou non, que non poida estar unida á idea da acción. Accionar foi o eixo da humanidade e a teoría da acción-reacción asimílase de forma case involuntaria desde o noso nacemento.

Perdemos a capacidade de accionar. As formas de vida asociadas aos sistemas capitalistas occidentais, o mercado desde casa, as novas comunicacións en liña ou a televisión por cable foron minguando o poder da actividade, o corpo e a rúa. En marzo de 2020 España declárase en Estado de Alarma debido á pandemia mundial causada pola Covid-19. Ese feito marca un antes e un despois nas persoas que vivimos ese momento. Se as capacidades de acción xa se atopaban nun estado de somnolencia, este Estado de Alarma vén rematar a pouca acción que nos quedaba. Poderiamos dicir que o confinamento supón para “La teoría de la pelvis” o que supuxo a caída da mazá da árbore para Newton. Máis aló das medidas de seguridade e responsabilidade que estamos a asumir pola saúde e a sanidade pública, é innegable que nos atopamos antes un novo escaparate dominado polo medo (aínda que o movemento supoñía o principio activo da evolución, o medo supón o principio activo da parálise). Ante este escaparate a teoría que expoñemos a continuación é unha chamada á reflexión.


Inscricións

Desde o luns 15 ata o venres 19 de marzo, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo xerpoteatro@xerpocultural.com indicando o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva.



Ciclo “Marzo de sábados teatrais”

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “Teatro confinado”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.

Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “Teatro confinado”. En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.


  • Sábado 6 de marzo de 2021: “Gregor-e” [ + info ]
  • Sábado 13 de marzo de 2021: “#Interferencia Varada” [ + info ]
  • Sábado 20 de marzo de 2021: “La Teoría de la Pelvis
  • Sábado 27 de marzo de 2021: “A comuna da Ingrávida” [ + info ]

Cabecera-web-ecultura.png