Ciclo “Marzo de sábados teatrais”

Ciclo "Marzo de sábados teatrais"

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras. Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “Teatro confinado”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online. O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida, aplicación Zoom.

Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “Teatro confinado”. En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira.


  • Sábado 6 de marzo de 2021: “Gregor-e” [ + info ]
  • Sábado 13 de marzo de 2021: “#Interferencia Varada” [ + info ]
  • Sábado 20 de marzo de 2021: “La Teoría de la Pelvis” [ + info ]
  • Sábado 27 de marzo de 2021: “A comuna da Ingrávida” [ + info ]

Inscricións

As inscricións poderán realizarse desde o luns anterior ao evento e ata as 00:00 h. do día anterior ao mesmo, enviando un correo electrónico a xerpoteatro@xerpocultural.com. No correo ha de indicarse o nome, apelidos e teléfono de contacto para facer a reserva.


Ciclo "Marzo de sábados teatrais"

Cabecera-web-ecultura.png