Cinema Aldea 2021

| Días 15, 16, 17, 23, 24 de outubro e 6, 7, 13 e 14 de novembro. 2021
| Parroquias do Concello do Porriño
| Aforamento limitado
| Inscrición previa

Cinema Aldea 2021. Concello do Porriño


Por vez primeira, unha selección de curtas premiadas no Festival de Cans, proxectaranse en todas as parroquias do Concello de O Porriño que se inscribiron neste novedoso proxecto.

“Cinemaldea” celebrarase todas as fins de semana durante un mes, e comezará o día 15 de novembro en Atios, con entrada gratuita. O Festival de Cans agarda extender este proxecto a outros concellos limítrofes, para promover o cinema en áreas rurais.

A Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño e o Festival de Cans, botarán a andar desde esta fin de semana o proxecto “Cinemaldea”, coa intención de achegar o cinema a todas ás parroquias do concello. A primeira idea será difundir nestas áreas rurais unha selección das curtametraxes premiadas na última edición do certame.

Este proxecto xorde no marco do convenio de colaboración asinado entre o Concello e o Festival de Cans, polo que este último asume a coordinación destas proxecións, co obxectivo de facer o cinema accesible a todas as áreas rurais. Ó mesmo tempo, o proxecto busca consolidar unha programación de cinema ó longo do ano, máis alá das datas de celebración do Festival de Cans.

Para botar a andar esta novedosa iniciativa, que terá lugar por vez primeira, a Concellaría de Cultura do Concello de O Porriño abriu inicialmente un período de inscrición para todas as asociacións que quixesen sumarse ó proxecto. Nove foron as asociacións inscritas para
participar na iniciativa, que estará presente en sete parroquias diferentes ó longo dun mes, entre mediados de outubro e mediados de novembro.

En cada sesión de arredor de 75 minutos, poderán verse catro das curtametraxes que acadaron os principais premios en Cans, así como “Cans con máscara”, o documental de Isaura Docampo, sobre a anterior edición do certame. As catro curtametraxes que poderá ver o público son “Monte Bravo” de Noelia Muíño, que levou o Premio do Xurado á Mellor Curta, e o Premio Crea á melllor dirección, “Homeless Home” de Alberto Vázquez, Mellor Curta de Animación e unha das obras do ano, que mesmo foi finalista dos Premios Goya, “O
Son da Balea” de Daniel Súarez-Rubini, que levou o Premio do Público, e “Deux Options” do rosaleiro Gon Caride, que levou dous premios, o de Mellor Guión AGAG, e o da mellor interpretación ex-aequo para os dous actores protagonistas, Jan Soja e Noël Faur.


Inscricións

A entrada a cada sesión de proxeción será gratuita, sempre co aforo limitado ó protocolo Covid vixente, e accederase por orde de chegada a través dunha inscrición previa dos datos de cada persoa, que se fará no lugar da proxeción media hora antes de cada sesión.


Proxeccións

  • Asociación Cultural Os Penediños de Atios
    Venres 15 de outubro, ás 19:30 h.
  • Asociación Cultural Casal-Chan de Budiño
    Sábado 16 de outubro, ás 21:00 h.
  • Asociación Cultural A Forna de Budiño:
    Domingo 17 de outubro, ás 19:00h.
  • Asociación Cultural Mosteiro de Budiño:
    Sábado 23 de outubro, ás 20:00 h.
  • AA.VV. O Castelo de Cans:
    Domingo 24 de outubro, ás 19:30 h.
  • Asociación Cultural Chenlo:
    Sábado 6 de novembro, ás 20:00 h.
  • Asociación Cultural San Xurxo de Mosende:
    Domingo 7 de novembro, ás 19:00 h.
  • Asociación Cultural As Mimosas de Carracido:
    Sábado 13 de novembro, ás 20:00 h.
  • Asociación Cultural San Salvador de Torneiros:
    Domingo 14 de novembro, ás 19:00 h.

Cinema Aldea 2021. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png